10:00 Apertura e presentación axenda: José Valiño e Marcelo Castelo.
10:15 Visita CPD Abanca. Alberte e Javier Abad.
10:45 ¿Algo significadivo no 2019?
A Robotización (RPA) e os modelos.
Extracto Intelixente. Natalia Arias e Roberto López.
11:15 CAFÉ.
12:00 Visión Arquitectura 2025 Abanca. Rebeca Cores.
13:00 Innovación. Rosa Seoane.
14:00 Conclusións e clausura do encontro.
14:15 Xantar de confraternización.
Notas:
O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.
O aparacamento na zona é muy complicado. Si podes vir en taxi será o mellor. En todo caso, intenta ir con tempo para buscar donde aparacar.
Xuntanzas para o achegamento
Fernando Suárez Menéndez
Guillermo Vázquez González
Alberto García López
José Antonio Fernández Iglesias
Marcelo Castelo Rivas
Carmen Fernández Souto
Paco Salgueiro Cociña
Javier Franco Tubío
Este é un foro con espírito aberto. Aquelas persoas que mostren interese en colaborar activamente no desenvolvemento do proxecto serán moi ben recibidas.
Encontros na eira?
É un think tank. Un foro de debate plural. Un punto de encontro intelectual no que profesionais expoñen e debaten sobre temas e asuntos de actualidade con especial interese para o seu colectivo e, en ocasións, para a cidadanía.
O obxectivo final dun encontro é compartir experiencias nunha contorna fraternal, tocar a incerteza do dirixente, fortalecer a imaxe do colectivo, dar visibilidade á súa existencia e á súa achega e que pase a formar parte da axenda intelectual galega.
Tamén pretende estreitar e humanizar as relacións á vez que se fortalece o sentido de pertenza do colectivo participante coa súa propia profesión.
Obxectivos
Que o colectivo sexa percibido, ademais de como profesionais da súa actividade, como un grupo aberto cara á sociedade e dispoñible para o intercambio e a xeración de ideas.
Tocar e reducir a incerteza que todo dirixente soporta na súa actividade profesional compartindo experiencias cos seus homólogos doutras organizacións.
Desenvolver e fortalecer o orgullo de pertenza entre os membros do colectivo participante coa súa propia profesión.
Humanizar e fortalecer as relacións dos profesionais do colectivo entre si.
Cada encontro realizarase nas instalacións dalgunha das principais organizacións de Galicia.
Exporanse, dependendo de cada escenario, dous ou tres tipos de contidos:
- Conferencias sobre a realidade diaria da institución anfitrioa expostas polos profesionais do seu equipo..
- Conferencia – debate. Exponse un asunto de interese do colectivo por parte dos anfitrións e iníciase un debate aberto cos asistentes ao encontro.
- Conferencia sobre temáticas do ámbito das habilidades directivas por parte dalgún reputado profesional.
En ningún caso haberá exposicións realizadas por parte de empresas comerciais.
Tampouco se convidará a asistir a representantes de firmas comerciais do sector.
Que facemos?
Como o facemos?
Todos os debates están dirixidos por un moderador que, afastado da defensa de posturas persoais, encárgase de dinamizar e controlar o intercambio de ideas provocando que interveñan todos os invitados e que se aborden os temas máis polémicos do tema a tratar.
A duración estándar das conferencias será de 45 minutos incluíndo o coloquio cos asistentes.
Algúns debates irán precedidos dunha introdución ao tema en cuestión para entrar no intercambio posterior de experiencias por parte de todos os asistentes.
Outra modalidade de debate enfrontará dous equipos con visións opostas dun asunto especialmente controvertido.
Unha vez finalizado o encontro os participantes que o desexen poderán compartir unha comida de confraternización que, ao non haber patrocinios, pagará cada asistente.
Nota: O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.